mércores, 8 de xuño de 2016

Unha charla moi...

 UNHA CHARLA MOI...
Fai un tempo veu unha persoa para darnos unha charla, esa persoa traballa para a fundación Repsol, un momento, coñecedes esta empresa, non? Pois para quen non a coñece vou explicar o que é. Repsol é unha empresa que se adica a extración  de petróleo para a fábricación de produtos como a gasolina, o plástico... Ben, agora que xa sabedes o que é Repsol vou continuar con esta historia. Veu unha persoa cuxo nome era Nerea a darnos unha charla cunha sorpresa final. Na charla explicáronos cousas de física sobre a enerxía, despois de que rematara coas súas explicacións comezamos ca sorpresa final, que foi... Facer pelotas saltarinas! Collemos cuns polviños, os colocamos nun molde e os deixamos un tempo na auga, e despois, ao sacalas do molde, quedaron unhas redondiñas pelotas saltarinas. 
En resumen, foi unha charla moi divertida, entretida e, aínda por riba de divertirnos un montón, levamos unha pelota saltarina e uns cascos de Repsol. 
Laura

Ningún comentario:

Publicar un comentario