martes, 24 de maio de 2016

Unha visita inesperada

UNHA VISITA INESPERADA
Nestas últimas semanas recibimos na nosa clase a uns invitados moi especiais. Foron uns nenos de segundo, Bruno e Xiana, antigos alumnos da nosa titora, Maricarmen. O seu obxectivo era sorprendernos cuns traballos, que fixeron cos seus pais, sobre uns viaxes aos que foron recentemente. 
Bruno foi a Roma, explicounos o que visitou dicindo con desparpaxo algún que outro comentario que nos fixo rir moito. Xiana foi a Bracelona, ela fixo unha presentación onde aparecían alguhas fotografías dos lugares que visitou explicando todo moi ben, ademáis mentres iba contando dábanos a súa opinión sobre ese lugar.
En resumen, eles o fixeron fantásticamente ben explicando dunha forma única. Se eu lles tivera que por nota daríalles un dez ós dous, esa nota doulla seguindo dous criterios, a forma na que o espuxeron que foi perfecta e a iniciativa que mostraron, é dicir, eles foron a unha viaxe, e despois, voluntariamente, fixeron un traballo sobre a súa viaxe, o que lles levou un tempo, para o final vir á nosa aula a contarnos a súa experiencia.
Laura





xoves, 19 de maio de 2016

O último supervivente

O ÚLTIMO SUPERVIVENTE
Para poder entender esta entrada temos que remontarnos a uns meses atrás, máis concretamente a outubro, xa que nese mes se incorporaron a nosa clase catro alumnos novos: os nosos peixes. Catro preciosos comentas laranxas, chegaron a nosa aula. 


 Dende aquela pasou pouco tempo ata que un deles morreu, e despois outro e mais tarde outro, sen que puideramos comprender porque morreran tan axiña. Ao final só nos quedaba un, o último supervivente. 




  Na nosa clase hai xente que lle chama Supervivente ou Inmortal xa que este peixe sobreviviu case, o curso enteiro, todas as vacacións e pontes que tivemos, e incluso o cambio da auga que fixemos á peceira. Agora, cando remate o curso, sortearémolo entre as persoas que teñen peceira na súa casa. Eu, espero, que cando chegue, a que será a súa casa permanente, estea moi feliz. 
Laura