luns, 29 de febreiro de 2016

O NOSO NOVO ÉXITO 
 A nosa imaxinación non descansa nunca. Neste curso, ao igual que no ano pasado, fixemos unha canción. Aínda que esta é unha versión dunha canción moi coñecida denominada “El Baile del Gorila” dunha artista chamada Melodía Ruíz “Melody”, cambiamolo tendo en conta que íamos de pintores e pintoras. Aquí tendes o noso novo éxito: 
"O BAILE DOS PINTORES





Laura e Diana







Xa temos un xornal


XA TEMOS UN XORNAL!!!


Como xa saberedes temos dous blogs da biblio,

 Rakonto é Rakonto pequeno.


Bueno..., pois agora tamén temos un xornal!! Si, si 

escoitáchedes ben, un xornal.


Onte a profe Bea que é a encargada dos blogs, veu

 dicirnos que a partir de agora tamén teremos xornal,

nel poderemos facer entradas sobre o que queiramos

(deportes ,contos ,cousas que pasaron no noso

 barrio...)


Ademáis hai un enlace onde podemos clicar e

 aparecerá  unha páxina onde se atopan a maioria dos

 periódicos. Vamos que estamos encantados.




  

mércores, 17 de febreiro de 2016

Un , Dous ... FESTA!!!

Un , Dous ...

FESTA!!!

       Estades preparados? Porque nós si. Estámonos  preparando, para a segunda festa do ano; xa que esta tarde empeza o noso entroido no colexio.
       Pasarémolo moi ben xa que imos ter espectáculos de baile e patinaxe, pero... a festa aínda non remata porque e entroido non? Pois imos ter unha gran variedade de disfraces fantásticos, música e luciremos os nosos traxes na pista de baile.













venres, 5 de febreiro de 2016

Relato curto

UNHA HISTORIA NON MOI LONGA
      Este día, dando clase de galego, atopámonos ca diferencia entre un conto e un relato curto. Un relato curto ten que ser menos longo ca un conto... ou... eso din. 
      A nosa profesora ocorreuselle a idea de que nós fixeramos un relato curto con non máis de cincuenta palabras. Para complicalo aínda máis a profesora dixo que tiñan que aparecer as palabras: noite, auga, follas, lucecús e po de estrela. O tema escollido para este relato era un suceso máxico. 
     Non vos creades que isto foi sinxelo xa que sempre nos pasabamos do límite. Un, dous, tres ... moitos intentos tivemos que facer para que a historia nos puidera saír ben. 
     Aquí tendes un dos nosos textos, para facervos unha idea de como son: 

      Era de noite, o vento facía caer as follas na auga do río. De súpeto, uns lucecús apareceron, estaban indicando un camiño, o final do mesmo caía po de estrelas. Choveume enriba e a miña imaxe mudou, tiña un traxe moi chulo. Esa noite comencei unha nova vida: Teño superpoderes!!!! 

 Laura