venres, 29 de xaneiro de 2016

FESTA DE ANIVERSARIO E DESPEDIDA DE ALBA

FESTA DE ANIVERSARIO E DESPEDIDA DE ALBA
É posibel que vos sorprenda ler unha entrada no noso blog con este título e este contido a estas alturas do ano, xa que todos sabedes que Alba rematou o seu período de prácticas ao final do primeiro trimestre ( xa sabedes o ano pasado). Máis, ordeando unhas fotos nas súas respectivas carpetas, atopei unhas que despertaron en min a tenrura e en certa maneira a morriña.
Parécenme bonitas e quero compartirlas con todos vos, os que me acompañades nesta travesía entre treboadas e momentos de calma ben suxeitos os aparexos e tratando de vislumbrar aló sobor da liña do solpor as portas do instituto de secundaria.

Disfrutade das fotos e lembrádevos destes momentos de cando en vez.










mércores, 27 de xaneiro de 2016

Paz

DÍA DA PAZ
    O día trinta e un de xaneiro celébrase o día da Paz. Un día no que non se debería pelexar, insultar... e outras cousas que teñan que ver cos conflictos aínda que  todos os días do ano deberían ser días da paz.
  Como este ano  o día é domingo no colexio celebrarémolo o venres vinte e nove. Nós o imos celebrar dunha maneira moi especial a proposta da nosa profe de inglés. Os nenos e nenas terán que ir dando abrazos segundo se vaian atopando, xa sexa no recreo, no corredor, ou en calquera outro lugar do colexio. Esperamos que esta idea  se espalle polas casas dos alumnos e alumnas.