martes, 19 de maio de 2015

PAXARIÑOS INCRIBLES

PAXARIÑOS INCRIBLES

Fixemos unha saída ao parque de Bens onde nos contaron esta historia sobre uns interesantes paxaros chamados "vencellos":
Estes paxaros tan curiosos veñen de África e non se pousan endexamáis. Isto é debido a que pertencen a un grupo de aves chamado "ápodos" porque teñen unhas patas extremadamente pequenas e polo tanto non poden soportar o seu peso.
Nin se quera se pousan para durmir. Voan moi alto por riba das nubes e deixanse abanear polas correntes de aire.
Comen voando aqueles insectos que tamén voan.
Os vencellos non constrúen niños porque non se poden pousar pero precisan un lugar para poñer os ovos. Na nosa cidade ao comezo da rúa Real, no edificio do BBVA nas caixas das persianas dos pisos é un dos lugares onde poñen os seus ovos.
Se eres un bo observador podes apreciar como estes paxaros chegan voando e arrástranse nas caixas ata chegar aos seus ovos sobre os que se colocan para quentalos.
É unha historia fascinante, non si?

xoves, 14 de maio de 2015

CONTOS, CONTOS E MOITO MÁIS QUE CONTOS

CONTOS, CONTOS E MOITO MÁIS QUE CONTOS

Presentamos un conto titulado "Tres desexos". Eliximos ese conto porque nos pareciu un libro moi interesante.
Cremos que transmite a idea de que o importante é o amor entre as persoas.