mércores, 29 de abril de 2015

A CINCENTA

A CINCENTA

Co gallo da celebración do día do libro algúns nenos e nenas dos quintos representaron unha versión do conto clásico "A Cincenta" escrita polo autor Roald Dalh.
Foi representada na biblioteca do noso colexio para inaugurar as reformas feitas (un estupendo chan de madeira, un recuncho de lectura moi cómodo...). A versión que fixeron foi unha versión de comedia. Tiveron pouco tempo para ensaiar pero fixéronno bastante ben. Rímonos moito.




luns, 27 de abril de 2015

UNHA EXPERIENCIA INESQUENCIBLE

UNHA EXPERIENCIA INESQUENCIBLE

Tras a colaboración nun proxecto con algúns alumnos e alumnas do Centro ASPRONAGA , os profes invitáronnos a visitar o seu colexio e pasar unha xornada de convivencia.
Decidiuse que o día para esa convivencia fora o 23 de abril, que como todos sabedes é o día do libro.
Tiñamos pensado representar alí algúns contos e cancións que preparáramos para un proxecto en colaboración co Ágora.
Recibíronnos con moita amabilidade e moito agarimo. As actuacións foron un éxito e o público aplaudiu con entusiasmo.
Ao remate recibimos unha gran sorpresa...preparáronnos unha fantástica merenda!!!! Todos xuntos dimos boa conta dela.
Despois co estómago cheo xogamos no patio ao fútbol, á comba, ou sinxelamente conversamos con eles e disfrutamos moito coas ocurrencias e comentarios que xurdiron.
Foi un día inesquencible e estamos ansiosos por poder repetir noutra ocasión.

Aquí vos deixamos unhas fotos.