martes, 24 de febreiro de 2015

EU SON ROSALÍA, E TI?

EU SON ROSALÍA, E TI?

Co gallo da celebración do nacemento de Rosalía estamos a facer no cole unha morea de actividades relacionadas coa figura de Rosalía.
Cando chegamos pola mañá atopamos na clase algunhas poesías que estivemos a ler.
Esta que segue é unha delas:

Has de cantar, 
meniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.

Canta meniña, 
na veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.

Estivemos a investigar que serían os "boliños do pote". E descobrimos que é un típico prato galego que ademáis se facía no tempo do entroido. 
O bolo facíase con fariña de millo e auga do caldo e cocíase no propio caldo e non nun forno.

Vos deixamos esta receita que atopamos por se vos decidides a facelo.

 


luns, 23 de febreiro de 2015

LER, LER, LER E CANDO TE CANSES.....LER!!!

LER, LER, LER  E CANDO TE CANSES.....LER!!!

Temos nova sección no noso blog...
Temos descuberto que na nosa aula hai lectores voraces. Xa sabedes deses que cando atopan un libro que lles gusta non son que de deixalo nin para xantar.
Alguns destes lectores queren compartir con vos a emoción que lles produce estar a ler algún libro, así que vannos recomendar de cando en vez algún libro.
Para que vaiades facendo boca vos deixamos dous títulos da mesma colección.
Disculpade o nerviosismo pero as cámaras sempre impoñen. O que conta é o contido....











domingo, 22 de febreiro de 2015

DESCUBRINDO VAMPIROS...

DESCUBRINDO  VAMPIROS...

Así, por casualidade, atopamos tres viñetas. Nelas un personaxe aparecía deitado no chan como morto ou inconsciente, ao seu carón había unha cabeza de allos.
Supuxemos que o home deitado vestido de negro era un vampiro, pero non tiñamos claro que pintaba unha cabeza de allos alí.
Así que puxémonos a investigar e...descobrimos todo isto:
Os vampiros son seres de ficción, aparecen seres parecidos aos vampiros en moitas diferentes culturas.
Os vampiros son "non vivintes", isto é, non están nin mortos nin vivos.
Para manterse nese estado precisan alimentarse de sangue de vitimas vivas quenes tamén poden ser convertidas en vampiros.
Non é sinxelo eliminar a un vampiro. A luz do sol destrúeos e se lle cravas unha estaca no corazón tamén acabas con él. Pero teñen unha forza sobrehumana e é difícil sorprendelos.
Non hai acordo sobre os allos. Nalgunhas culturas os vampiros non entran nun lugar onde hai allos pero noutras estes non teñen ningún efecto.
 Moitas destas características aparecen no libro titulado Drácula que foi escrito por Bram Stoker. Gracias a este escritor británico o personaxe do vampiro popularizouse e pasou a ser coñecido. Stoker baseouse nun home que existiu na realidade para crear a Drácula.





venres, 20 de febreiro de 2015

ÁS VECES AS MUSAS VISITAN A NOSA CLASE, E ESTE É O RESULTADO....

ÁS VECES AS MUSAS VISITAN A NOSA CLASE, E ESTE É O RESULTADO....

EN EL CORAZÓN DEL BOSQUE

Yo, Noah Barleywater salí de mi casa muy temprano, antes del amanecer, antes de que el rocío dejase de humedecer los campos. Me levanté de la cama, me puse la ropa que había dejado preparada la noche anterior y bajé con sigilio por las escaleras, conteniendo el aliento. Había tres peldaños flojos que crujían, así que los pisé con extrema precaución, procurando hacer el menor ruido posible.
Me dirigía a la comisaría de policía para denunciar el secuestro de mi hermano pequeño. Las pistas que encontré en su apartamento me sugerían que la persona que lo secuestró era alguien cercano a mi hermano. A la mañana siguiente me desperté en casa de mi padrastro, no sabía que había pasado hasta que llegó el y me lo contó todo:
-¡Fuiste tu quién secuestró a mi hermano! Exclamé. Me preguntaba porqué. El no quiso contestarme, me di la vuelta y ya no estaba. Salí de ese piso y me dirigí a la comisaría de policía. Ellos pronto se pusieron a buscar pistas y...¡Efectivamente! Fue él quién secuestró a mi hermano. Ellos fueron a su apartamento y allí estaba sentado frente a la chimenea lo detuvieron y buscaron a mi hermano por todas partes, pero por desgracia no encontraron nada. Hasta que se oyó un crujido bajó las escaleras. Estaba allí atado de pies y manos, pronto lo desatamos y lo acompañamos a su casa.
Siempre tuvimos la duda de porqué lo había secuestrado.

Noelia

venres, 13 de febreiro de 2015

TEMOS CANCIÓN DO ENTROIDO!!!!!!

TEMOS CANCIÓN DO ENTROIDO!!!!!!

Subindo as escaleiras do cole veunos a 
inspiración...

en só dous minutos fixemos esta canción...

O ENTROIDO MOVE O CORPO

O ENTROIDO MOVE O CORPO

OS LABREGOS E LABREGAS LEVAMOS ALLOS E BERENXENAS


Hoxe vimos disfrazados e non imos parar de rir. É un día de festa rachada.

Disfrazádevos, comede moitas orellas(non as da cabeza...) e pasádeo moi ben!!!!!

Ide tomando nota...MIRADE BEN A FOTO. Non ten desperdicio...Ja,ja,ja...;)