xoves, 29 de xaneiro de 2015

CENORIAS CON HISTORIAS E PORROS CON CONTOS

CENORIAS  CON HISTORIAS E PORROS CON CONTOS

Imos converter o noso cole nunha horta. Non penses que é moi sinxelo. Primeiro traballamos de pintores pero non coma Dalí, Picasso, Van Gohg...Fumos pintores de "brocha gorda" que resultou ser moi divertido, "very funny". Non penses que pintamos as hortalizas! Pintamos o lugar onde van medrar os nosos productos da horta. Ese lugar é un palet. Como...que non sabes o que é un palet? Nos tampouco o sabiamos. Bueno...o tiñamos visto pero non sabiamos como se chamaba. Quedounos ben e amarelo. Foi a cor que nos tocou.
Abandoamos a nosa profesión de pintores e convertémonos en labregos. Plantamos as sementes de cenorias e allos porros nos días indicados polos especialistas, é dicir, no cuarto minguante. Regamos os nosos sementeiros e...aínda que non tiñamos moitas esperanzas de que sairan...( a nosa clase é un conxelador  e ten unha humidade....)SORPRESA!o 29 de Xaneiro comprobamos emocionados que brotaron as nosas sementes.
Vos deixamos unha testemuña do acontecemento. Ahí vos queda unha reportaxe fotográfica.

PD Se queredes facer algunha suxerencia ou preguntarnos algo  acerca do noso horto, non dubidedes en escribir un comentario. ;)

PD Agradeceríamolo moito.











8 comentarios:

  1. Noraboa!!!sodes uns labregos moi bos !!!!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. .Eu tamén estou sorprendida polo axiña que vos sairon as plantas.Vou estar atenta ao voso blog para ver medrar esa hortiña que tedes. Desde logo traballades moito . Seguro que ides poñer unha tenda para vender as hortalizas. SUERTIÑA.

    ResponderEliminar
  4. .Eu tamén estou sorprendida polo axiña que vos sairon as plantas.Vou estar atenta ao voso blog para ver medrar esa hortiña que tedes. Desde logo traballades moito . Seguro que ides poñer unha tenda para vender as hortalizas. SUERTIÑA.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. O título é de sobresainte .
    Noraboa e seguide así ;)

    ResponderEliminar