venres, 18 de decembro de 2015

DESPEDIDA DE ALBA

 

NON MARCHES ALBA!!!

Que morriña!!! Vaise Alba, a nosa profe en prácticas.
Aínda que estivemos pouco tempo con ela témoslle moito 

cariño.
Querémola tanto que lle dedicamos este rap e esta poesía 

tan marabillosos que inventamos especialmente para ela. 

Nos esforzamos moito así que esperamos que vos guste:







 
Despois disto imos seguir con este texto de despedida.
Isto é para desexarte o mellor en todo o que te propoñas, 

porque somos conscientes de que vas a ser unha 

profesora 

excelente, e os teus alumnos/ as van a estar encantados 

contigo, e non van querer que acaben as clases.
En resumidas contas, so podemos dicirche esto:
Eres fantástica, e querémoste moitísimo!!!



mércores, 16 de decembro de 2015

CHOIVA DE ESTRELAS, XA CHEGOU O NADAL!!!!!!



CHOIVA DE ESTRELAS,

XA CHEGOU O NADAL!!!!!!

 

        Xa vai rematar o primeiro trimestre. Non

  estades nerviosos polas vosas notas? Esperamos que

 sexan marabillosas. 
 
      O día 18 de decembro, o día que remata este

 trimestre, celebraremos unha pequena festa na nosa 

clase aínda que toda esta semana está chea de

 acontecementos relacionados co Nadal, coma a 

operación quilo na que a cambio de alimentos para 

os necesitados podemos levar unha felicitación feita 

por cada un de nós.



        Estas datas son moi especiais porque,

 reunirémonos coa familia, traeránnos agasallos,

 montaremos a nosa árbore...


O xoves 17 visitarán o noso cole os Reis Magos,

 encherán de maxia as nosas aulas e traerán ilusión 

 aos máis pequenos do noso centro. Coma todos os

 anos contarán, as súas maxestades, coa colaboración

 dos nenos e nenas de sexto que actuarán como paxes .

Non queríamos terminar o primeiro
trimestre sen desexarvos...





martes, 17 de novembro de 2015

A pantasma de 6ºA

 A pantasma de 6ºA
Era o primeiro día do curso escolar.
Aos alumnos que este ano lles tocara 6ºA só falaban da maldición da clase. Clara iba dicíndolle, de camiño ao colexio, a Cristina: “A min contáronme a orixe maldición. Voucha contar só a ti:
Fai moitísimos anos un neno repetidor veu a este colexio, nunca faltaba a clase, en mitade do curso faltou un día e non volveu máis. Pouco despois, sóubeuse que morrera xunto cos seus pais nun accidente de tráfico. É desde entón pensase que a clase esta encantada polo fantasma dese neno .”
Non pasou nada fora do normal durante un tempo.
Pero,...ese ano, o día trinta e un era venres e había clase, todos recordarán ese día...Era segunda hora, a profesora Berta estaba dando matemáticas.
De súpeto, escoitaron un berro procedente do corredor. A profesora asomouse pola porta e non viu ninguén, Felipe comentoulle a profesora que cando chegou a clase a súa mesa tiña unha pintada moi estraña.
Fernando noutou algo nas súas costas, virouse, e da súa boca saiu un alarido de pavor, os compañeiros viraronse cara él e quedaron pampos. Diante deles había un lapis voando! Xaquín (máis nun impulso por medo que de valentía) lanzoulle un libro, e o lapis caeu inmediatamente.
Todo seguiu sen que ocorrese nada anormal, ata que Cristina levantou a man. Berta deulle a palabra. -No meu folio estanse a escribir palabras soás!!!- dixo Cristina.
No folio líase: Ola, eu chamome Carlos e ti? Non te asustes pero creo que son unha pantasma. O do lapis foi cousa miña e o da pintada... todo foi cousa miña.
Noutro escribira: Así entendedesme todos? Xenial!!! Eu vós entendo cando falades. Podedes axudarme a pasar sexto?
Berta dixo -Pois axudaremos a esta pobre pantasma.

Desta maneira pouco a pouco conseguiron que a pantasma logrará o seu cometido e que a súa alma descansará en paz.

Laura

xoves, 12 de novembro de 2015

Os concursos do cole




Os concursos do cole
 
No cole todos os anos fan dous concursos no

outono co gallo de celebrar o Samaín.
 

Un de decorar unha cabaza que consiste en

 tranformar unha cabaza en unha obra de

 arte,e outro que se chama “DAME MEDO!!!”

 neste o que tes que facer e escribir un texto

 de medo.


E... sabedes que? Eu participei nos dous ,a

 miña cabaza era un completo desastre ao

 principio. Queredes saber por que? Pois e que

 eu lle puxen un sombreiro a miña cabaza e se

 lle caia, entón non sabia que facer e ao fiñal

  se me ocorreu grapalo, mai se o grapaba por 

un lado se caía polo outro. Cando porfin

conseguín fixar o gorro na cabaza se

 desenganchou a escoba ...en conclusión un

 completo desmadre!!! 
  

E o relato pufffffff!!!!Outro rollo por que era

 escribir e borrar e cando xa tiña unha idea 

clara clarisima a cambiaba. Entón cando por

 fin o terminé non podía esperar a presentalo .

 Agora estou a espera da entrega de premio

 coa esperanza de gañar algún.



Sabela




Unión Europea



 Estades preparados para a sobrecarga de información



    
           Ola rapazes e rapazas .
 

      Hoxe falaremos vos da... UNIÓN EUROPEA!!!! Estades listos? Así gústanos, veña imos comezar.
      Esta e a súa bandeira




Pois isto non é nada comparado co que nos espera .

      Estade ben atentiños a todo...
Sabiades que xa fan 58 anos desde que se fundou a Unión Europea? Antes chamábase Unión Económica .

 

Os primeiros paises en formala foron:
 

 Alemaña
 

 Bélxica
 

 Francia
 

 Itália
 

 Luxemburgo
 

 Países Baixos
 


Se queredes moita máis información deixadeo nos cometarios ou poñendo un Like =)
Tomás.

SAMAÍN REBULDEIRO

SAMAÍN REBULDEIRO 

     Este xoves día vintenove de outubro foi un día terrorífico, xa que para conmemorar a festa do Samaín creamos unha atracción do terror á que puideron asistir todo o alumnado do colexio,salvo os que non quixeron, chamada Samaín Rebuldeiro. Para os que non saibades o que é vouno explicar, o Samaín Rebuldeiro é un túnel no que hai xente que se difraza e que intentan asustar. Este ano nos tocou disfrazarnos a nós. Os nosos compañeiros disfrazaronse de moitos personaxes terroríficos. A min encantoume, foi moi simpático. En resumen, volo recomendo xa que vos divertiredes moitísimo. 







Laura

martes, 27 de outubro de 2015

A YAMMILA MÉDRALLE A FAMILIA

A YAMMILA MÉDRALLE A FAMILIA

Unha nena da nosa clase, xa é tía!!!!!!!!A súa irmá Yeniffer é a orgullosa nai do pequeno.O bebé chámase Víctor e pesou tres quilos e medio, mediu corenta e nove centímetros. Foi moi ben acollido, o queren moito e lle desexamos unha vida moi feliz.
Parabéns Yammila.



mércores, 21 de outubro de 2015

LA TARARA

LA TARARA
No blog da biblioteca do cole descubrimos a un poeta que non coñeciamos. O seu nome é Federico García Lorca. 
Limos unha poesía que él escribiu chamada La Tarara e escoitamos unha versión musicada da mesma. Pareceunos unha música tan pegadiza que pensamos en aprendela e cantala. 
E...dito e feito. 
Aquí tendes un vídeo da nosa actuación



luns, 19 de outubro de 2015

A FAMILIA E ALGÚN MÁIS

A NOSA FAMILIA MEDRA

O 19 de Outubro é un día para lembrar xa que van vir os  nosos fillos adoptados. 
Seguro que estades a pensar que son uns adorables bebés...pois non!!!! Teñen escamas, branquias e aletas...Son....

Esta mañá limpamos todos os elementos do noso acuario, e comprobamos se funcionaba o filtro. Despóis enchémolo e comprobamos o PH. 
Na primeira comprobación a auga saíu de cor amarela o que quere dicir que a auga estaba ácida e os peixes podían morrer, así  que houbo que  botar dous comprimidos para reducir o ácido. Unha hora máis tarde comprobamos de novo o PH e vimos que a cor cambiara. Estaba verde isto é o PH é o axeitado para a vida dos peixes.


Aquí tendes o acuario sen peixes pero a pleno funcionamento.





E aquí vedes os peixes aclimatándose a súa nova casa.

Afacéndose á temperatura da auga




















venres, 18 de setembro de 2015

BENVIDOS E BENVIDAS !

BENVIDOS E BENVIDAS !

Tras a  nosa pausa do verán, queremos estrear o novo curso con esta pequena biografía, sobre Joaquín Sorolla, que escribiu a nosa compañeira Yammila. Aquí vola deixamos!

 

Joaquín Sorolla

 Joaquín Sorolla nació en Valencia el 27 de Febrero de1863 , fue un pintor español que se formó en su ciudad natal.
         Después estudió las obras del museo del Prado y gracias a una beca pudo residir y estudiar en Roma de 1884 a 1889. En esa época se dedicó sobre todo a cuadros de temática histórica.
         En 1904 hizo un autorretrato que lo llamo: Detalle De Un Autorretrato




        Pintó otro cuadro al que tituló: ¡Y aun dicen que el pescado es caro¡. Lo hizo en 1894
                                                     

        Y uno más que al que tituló “Niños en la playa” que lo pintó en 1910. 
                                                    

        Joaquín Sorolla murió en 1923, con 60 años de edad en Cercedilla (Madrid).


     

martes, 19 de maio de 2015

PAXARIÑOS INCRIBLES

PAXARIÑOS INCRIBLES

Fixemos unha saída ao parque de Bens onde nos contaron esta historia sobre uns interesantes paxaros chamados "vencellos":
Estes paxaros tan curiosos veñen de África e non se pousan endexamáis. Isto é debido a que pertencen a un grupo de aves chamado "ápodos" porque teñen unhas patas extremadamente pequenas e polo tanto non poden soportar o seu peso.
Nin se quera se pousan para durmir. Voan moi alto por riba das nubes e deixanse abanear polas correntes de aire.
Comen voando aqueles insectos que tamén voan.
Os vencellos non constrúen niños porque non se poden pousar pero precisan un lugar para poñer os ovos. Na nosa cidade ao comezo da rúa Real, no edificio do BBVA nas caixas das persianas dos pisos é un dos lugares onde poñen os seus ovos.
Se eres un bo observador podes apreciar como estes paxaros chegan voando e arrástranse nas caixas ata chegar aos seus ovos sobre os que se colocan para quentalos.
É unha historia fascinante, non si?

xoves, 14 de maio de 2015

CONTOS, CONTOS E MOITO MÁIS QUE CONTOS

CONTOS, CONTOS E MOITO MÁIS QUE CONTOS

Presentamos un conto titulado "Tres desexos". Eliximos ese conto porque nos pareciu un libro moi interesante.
Cremos que transmite a idea de que o importante é o amor entre as persoas.


mércores, 29 de abril de 2015

A CINCENTA

A CINCENTA

Co gallo da celebración do día do libro algúns nenos e nenas dos quintos representaron unha versión do conto clásico "A Cincenta" escrita polo autor Roald Dalh.
Foi representada na biblioteca do noso colexio para inaugurar as reformas feitas (un estupendo chan de madeira, un recuncho de lectura moi cómodo...). A versión que fixeron foi unha versión de comedia. Tiveron pouco tempo para ensaiar pero fixéronno bastante ben. Rímonos moito.




luns, 27 de abril de 2015

UNHA EXPERIENCIA INESQUENCIBLE

UNHA EXPERIENCIA INESQUENCIBLE

Tras a colaboración nun proxecto con algúns alumnos e alumnas do Centro ASPRONAGA , os profes invitáronnos a visitar o seu colexio e pasar unha xornada de convivencia.
Decidiuse que o día para esa convivencia fora o 23 de abril, que como todos sabedes é o día do libro.
Tiñamos pensado representar alí algúns contos e cancións que preparáramos para un proxecto en colaboración co Ágora.
Recibíronnos con moita amabilidade e moito agarimo. As actuacións foron un éxito e o público aplaudiu con entusiasmo.
Ao remate recibimos unha gran sorpresa...preparáronnos unha fantástica merenda!!!! Todos xuntos dimos boa conta dela.
Despois co estómago cheo xogamos no patio ao fútbol, á comba, ou sinxelamente conversamos con eles e disfrutamos moito coas ocurrencias e comentarios que xurdiron.
Foi un día inesquencible e estamos ansiosos por poder repetir noutra ocasión.

Aquí vos deixamos unhas fotos.

mércores, 25 de marzo de 2015

NOVAS SOBRE O NOSO HORTO

NOVAS SOBRE O NOSO HORTO

A nosa corresponsal no horto urbán Laura envíanos esta crónica sobre o estado actual do noso horto.

HORTO, HORTIÑO QUE AS PLANTAS MEDREN E MEDREN

Seguro que vós preguntades porque fago un conxuro de plantas. Lembrades aquela vez que falamos do noso horto urbán?-Si, si neste mesmo blog- Pois... xa sementamos, plantamos e transplantamos.
Tiñamos sementes de moitas cousas, as primeiras foron unhas cenorias e uns porros, despois conseguimos uns tomates cherry. Logo, no Entroido Adriana trouxo unha cebola para axudar ao noso horto a volverse máis grande. No mesmo día eu deixei dúas patacas pola mesma razón que a miña compañeira. Plantamos case todo o anterior. Tivemos que tirar a maioría das cenorias e porros porque despois de transplantar uns poucos, os restantes morreron.
Para poder plantar a nosa profesora tivo que grampar unhas teas especiais, para que cando transplantáxemos algo, non sé nos caera polo oco do noso “horto” (Lembrade que o noso horto é un precioso palet amarelo).
É moi satisfactorio ver como medran. A min gústame moito ser “agricultora”.
A ver se o meu conxuro funciona e conseguimos que as nosas plantas sexan as mellores ou que estéan boísimas

Laura

venres, 13 de marzo de 2015

E DE NOVO...CON TODOS NÓS....AS.... MUSAAAAAASSSSSS!!!!!!!

E NE NOVO...CON TODOS NÓS....AS.... MUSAAAAAASSSSSS!!!!!!!


Estes días estamos de noraboa,as MUSAS da inspiración visitaron desta vez a Laura. 
Co mesmo comenzo da historia de Noelia ela creou esta bonita historia. 
Disfrutade coa súa lectura.



Salí de casa muy temprano, antes del amanecer,antes de que los perros despertaran, antes del que el rocío dejase de humedecer los campos.Me levanté de la cama, me puse la ropa que había dejado preparada la noche anterior y bajé con sigilo por las escaleras, conteniendo el aliento.Había tres peldaños que crujían, así que los pisé con extrema precaución, procurando hacer el menor ruido posible.
Nadie sabía mi secreto, ni quería que se revelara, era sólo mío. La verdad, es que en principio, no sabía si había sido un sueño o no. Así que, fui al bosque a comprobarlo.
Cuando llegué, me planté delante de un roble gigante y empecé a hablarle, él me respondió y casi me caigo al suelo de la sorpresa. ¡Era cierto!¡No lo había soñado!. Era capaz de hablar con las plantas. Desde ese momento me pasaba gran parte del día en el bosque. Los árboles se habían vuelto mis amigos.
Un día, el roble gigante me contó algo muy triste: ¡estaban a punto de cortar todo el bosque! La verdad es que se veían los árboles cada vez más feos, las hojas más secas y de un color gris muy raro. Immediatamente, le pregunté porque estaban así, y el me contestó que era porque tenían una plaga de “mosquites grisis” y que lo único que podía salvarles era usar agua de lo alto del Teide.
Decidí llamar a mi amigo Manuel (que es escalador profesional) para que me la consiguiera.
Unos días después recibí un gran paquete (lo esperaba cada día con más ansiedad),lo abrí con gran entusiasmo,y...¡Ahí estaba!
Fui al bosque, le eché un poco de agua a cada árbol. Mi ayuda sirvió para salvar el bosque. Desde ese momento me convertí en...

¡GREEN PROTECTOR!


Laura




venres, 6 de marzo de 2015

VISITA DESDE ORIENTE

VISITA DESDE ORIENTE

Hoxe tivemos unha visita curiosa. Despois do recreo veu á nosa clase un neno de primeiro que se chama Bruno.
Viña coa intención de contarnos algo e estivo a piques de non facelo, xa que, ao chegar á porta e vernos a todos mirando cara él... bueno que lle dou un pouco de medo.
Temos que dicir que para nós foi unha sorpresa tamén xa que a profe non dixera nada.
Antes de que marchara invitámolo a ver os nosos peixes e o resto da clase. 
Non sabemos se foron os peixes ou que ao entrar na clase confiouse, o caso é que acabou contándonos cousas moi interesantes acerca dunha viaxe que fixo fai pouco.
Escoitade, escoitade porque merece a pena...

martes, 24 de febreiro de 2015

EU SON ROSALÍA, E TI?

EU SON ROSALÍA, E TI?

Co gallo da celebración do nacemento de Rosalía estamos a facer no cole unha morea de actividades relacionadas coa figura de Rosalía.
Cando chegamos pola mañá atopamos na clase algunhas poesías que estivemos a ler.
Esta que segue é unha delas:

Has de cantar, 
meniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.

Canta meniña, 
na veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.

Estivemos a investigar que serían os "boliños do pote". E descobrimos que é un típico prato galego que ademáis se facía no tempo do entroido. 
O bolo facíase con fariña de millo e auga do caldo e cocíase no propio caldo e non nun forno.

Vos deixamos esta receita que atopamos por se vos decidides a facelo.

 


luns, 23 de febreiro de 2015

LER, LER, LER E CANDO TE CANSES.....LER!!!

LER, LER, LER  E CANDO TE CANSES.....LER!!!

Temos nova sección no noso blog...
Temos descuberto que na nosa aula hai lectores voraces. Xa sabedes deses que cando atopan un libro que lles gusta non son que de deixalo nin para xantar.
Alguns destes lectores queren compartir con vos a emoción que lles produce estar a ler algún libro, así que vannos recomendar de cando en vez algún libro.
Para que vaiades facendo boca vos deixamos dous títulos da mesma colección.
Disculpade o nerviosismo pero as cámaras sempre impoñen. O que conta é o contido....











domingo, 22 de febreiro de 2015

DESCUBRINDO VAMPIROS...

DESCUBRINDO  VAMPIROS...

Así, por casualidade, atopamos tres viñetas. Nelas un personaxe aparecía deitado no chan como morto ou inconsciente, ao seu carón había unha cabeza de allos.
Supuxemos que o home deitado vestido de negro era un vampiro, pero non tiñamos claro que pintaba unha cabeza de allos alí.
Así que puxémonos a investigar e...descobrimos todo isto:
Os vampiros son seres de ficción, aparecen seres parecidos aos vampiros en moitas diferentes culturas.
Os vampiros son "non vivintes", isto é, non están nin mortos nin vivos.
Para manterse nese estado precisan alimentarse de sangue de vitimas vivas quenes tamén poden ser convertidas en vampiros.
Non é sinxelo eliminar a un vampiro. A luz do sol destrúeos e se lle cravas unha estaca no corazón tamén acabas con él. Pero teñen unha forza sobrehumana e é difícil sorprendelos.
Non hai acordo sobre os allos. Nalgunhas culturas os vampiros non entran nun lugar onde hai allos pero noutras estes non teñen ningún efecto.
 Moitas destas características aparecen no libro titulado Drácula que foi escrito por Bram Stoker. Gracias a este escritor británico o personaxe do vampiro popularizouse e pasou a ser coñecido. Stoker baseouse nun home que existiu na realidade para crear a Drácula.





venres, 20 de febreiro de 2015

ÁS VECES AS MUSAS VISITAN A NOSA CLASE, E ESTE É O RESULTADO....

ÁS VECES AS MUSAS VISITAN A NOSA CLASE, E ESTE É O RESULTADO....

EN EL CORAZÓN DEL BOSQUE

Yo, Noah Barleywater salí de mi casa muy temprano, antes del amanecer, antes de que el rocío dejase de humedecer los campos. Me levanté de la cama, me puse la ropa que había dejado preparada la noche anterior y bajé con sigilio por las escaleras, conteniendo el aliento. Había tres peldaños flojos que crujían, así que los pisé con extrema precaución, procurando hacer el menor ruido posible.
Me dirigía a la comisaría de policía para denunciar el secuestro de mi hermano pequeño. Las pistas que encontré en su apartamento me sugerían que la persona que lo secuestró era alguien cercano a mi hermano. A la mañana siguiente me desperté en casa de mi padrastro, no sabía que había pasado hasta que llegó el y me lo contó todo:
-¡Fuiste tu quién secuestró a mi hermano! Exclamé. Me preguntaba porqué. El no quiso contestarme, me di la vuelta y ya no estaba. Salí de ese piso y me dirigí a la comisaría de policía. Ellos pronto se pusieron a buscar pistas y...¡Efectivamente! Fue él quién secuestró a mi hermano. Ellos fueron a su apartamento y allí estaba sentado frente a la chimenea lo detuvieron y buscaron a mi hermano por todas partes, pero por desgracia no encontraron nada. Hasta que se oyó un crujido bajó las escaleras. Estaba allí atado de pies y manos, pronto lo desatamos y lo acompañamos a su casa.
Siempre tuvimos la duda de porqué lo había secuestrado.

Noelia

venres, 13 de febreiro de 2015

TEMOS CANCIÓN DO ENTROIDO!!!!!!

TEMOS CANCIÓN DO ENTROIDO!!!!!!

Subindo as escaleiras do cole veunos a 
inspiración...

en só dous minutos fixemos esta canción...

O ENTROIDO MOVE O CORPO

O ENTROIDO MOVE O CORPO

OS LABREGOS E LABREGAS LEVAMOS ALLOS E BERENXENAS


Hoxe vimos disfrazados e non imos parar de rir. É un día de festa rachada.

Disfrazádevos, comede moitas orellas(non as da cabeza...) e pasádeo moi ben!!!!!

Ide tomando nota...MIRADE BEN A FOTO. Non ten desperdicio...Ja,ja,ja...;)

xoves, 29 de xaneiro de 2015

CENORIAS CON HISTORIAS E PORROS CON CONTOS

CENORIAS  CON HISTORIAS E PORROS CON CONTOS

Imos converter o noso cole nunha horta. Non penses que é moi sinxelo. Primeiro traballamos de pintores pero non coma Dalí, Picasso, Van Gohg...Fumos pintores de "brocha gorda" que resultou ser moi divertido, "very funny". Non penses que pintamos as hortalizas! Pintamos o lugar onde van medrar os nosos productos da horta. Ese lugar é un palet. Como...que non sabes o que é un palet? Nos tampouco o sabiamos. Bueno...o tiñamos visto pero non sabiamos como se chamaba. Quedounos ben e amarelo. Foi a cor que nos tocou.
Abandoamos a nosa profesión de pintores e convertémonos en labregos. Plantamos as sementes de cenorias e allos porros nos días indicados polos especialistas, é dicir, no cuarto minguante. Regamos os nosos sementeiros e...aínda que non tiñamos moitas esperanzas de que sairan...( a nosa clase é un conxelador  e ten unha humidade....)SORPRESA!o 29 de Xaneiro comprobamos emocionados que brotaron as nosas sementes.
Vos deixamos unha testemuña do acontecemento. Ahí vos queda unha reportaxe fotográfica.

PD Se queredes facer algunha suxerencia ou preguntarnos algo  acerca do noso horto, non dubidedes en escribir un comentario. ;)

PD Agradeceríamolo moito.











venres, 16 de xaneiro de 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!!!!

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!!!!

Logo do descanso para celebrar o Nadal  empezamos de novo o cole o día 8 de xaneiro.
Aínda que tivemos moitos deberes...disfrutamos moito das vacacións. Tivemos moitos  agasallos, mellores do que esperábamos.
Ao chegar  a clase levamos unha alegría por que os peixes seguían vivos a pesares de que non lles puidemos botar comida. Deixámoslles unha especie de pastillas, que se disolvían a modo na auga, pero non sabiamos si lles chegarían.
De tódolos xeitos o telescópico negro que nos quedaba morreu aos poucos días. Agora imos aproveitar antes de mercar outros para cambiarlle a auga ao acuario.

Queríamos saudarvos e poñervos  ao corrente do que pasa na nosa clase.
Tamén vos comunicamos que temos algúns interesantes proxectos en marcha. 
Estade atentos as vindeiras novas.