martes, 25 de novembro de 2014

PLANTAS, PLANTAS E MÁIS PLANTAS

PLANTAS, PLANTAS E MÁIS PLANTAS

ESCOITADE!!!
Sabemos o que son plantas CRIPTÓGAMAS
Esas que teñen reproducción asexual e polo tanto non teñen flores en non teñen sementes.

Os nosos amigos e amigas da clase de 5ºB trouxéronnos unha folla de fento.

MIRÁDEA



GRACIAS A ELES POIDEMOS DESCUBRIR NAS SÚAS FOLLAS AS ...

ESPORAS
as esporas están dentro desas bolas marróns chamadas SOROS.

 FIXEMOS UNHAS FOTOS PARA VELOS BEN





Foi unha sorpresa velos.....

Cando os SOROS están maduros rompen e saen as ESPORAS.
Cando as esporas caen nun medio favorable xurde a nova planta.

Mirade atentamente este vídeo e descubriredes como medran os fentos a partires das esporas caídas na terra.



domingo, 23 de novembro de 2014

OS NOSOS COMPAÑEIROS COMPARTIRON CON NÓS UNHA TERRORÍFICA RECEITA

OS NOSOS COMPAÑEIROS COMPARTIRON CON NÓS UNHA TERRORÍFICA RECEITA

Os nenos e nenas de 5ºB  fixeron unha rica receita de arañas doces. Fixéronna con galletas e lambonadas e viñeron á nosa clase a invitarnos.
Aquí deixamos unha reportaxe fotográfica do momento no que viñeron a compartir con nós o seu traballo.



¡¡¡GRACIAS COMPAÑEIROS!!!!!

















venres, 21 de novembro de 2014

¡POR FIN CHEGOU O MAGOSTO!

¡POR FIN CHEGOU O MAGOSTO!
Uns amigos meus que viven en Lleida non tiñan nin idea do que era o Magosto. Un ano que viñeron de visita ensineilles o que era e dende aquela, sempre que poden, veñen visitarme para celebrar connosco o Magosto.

O 14 de Novembro celebramos o Magosto na escola.
O tempo non estivo moi ben. Choveu e había moita friaxe.
Participamos nuns xogos moi divertidos.
Un dos que máis nos gustou foi o de vestirse coa roupa do revés.
Algúns tiñan unha pinta moi divertida.

Ao final da mañán comimos unhas saborosas castañas e pintamos a nosa cara de negro coas cinzas da asadura das castañas.

Ademáis foi a entrega de premios do concurso de cabazas. Na nosa clase houbo dous premiados. A verdade  é que temos moi bos artistas.

Aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica do día do Magosto. Disfrutade dela coma nós.

venres, 7 de novembro de 2014

MASCOTIÑAS ACUÁTICAS

MASCOTIÑAS ACUÁTICAS 

      O día 21 de outubro cando chegamos a nosa clase levámonos unha agradable sorpresa, no fondo da clase atopámonos cuns peixes no acuario. 
         O acuario é da profe e ten unhas pedras no fondo, unha planta sintética e un filtro para limpar a auga. 
      O día anterior á chegada dos peixes enchimos o acuario de auga e puxemos a funcionar o filtro. 
       Tiñamos medo de que os peixes morreran por mor do cambio de auga porque Noelia nos contou que a ela lle morrera un peixe que lle tocara na festa do Pilar. 
       Hai dous tipos de peixes: dous cometas laranxas e dous telescópicos negros. 
      Temos intención de poñerlles nomes pero é difícil porque non nos poñemos dacordo. 
       Pensamos que un bo nome para o telescópico negro de menor tamaño pode ser Tiburón. Xa vos iremos contando máis cousas sobre os nosos peixes.





Non vos parecen bonitos?

Lede o noso libro. Nel escribimos o que sentimos o día que chegaron os nosos peixiños.
Coidamos que vos vai gustar!!!

<
br />

mércores, 5 de novembro de 2014

VISITAMOS O EROSKI DO NOSO BARRIO



berenjena01 VISITAMOS O EROSKI DO NOSO BARRIO


O mércores 5 de novembro fumos  facer unha visista a un supermercado do noso barrio.
Ás dez chegaban a escola Eva e Raquel que nos deron unha charla acerca dos hábitos sudabels na nosa vida.
Aprendemos unha morea de cousas...
frutas06Por exemplo aprendemos que hai tres grupos principais de alimentos:
Os enerxéticos, os constructores e os reguladores.
Aprendemos que hai que tomar alimentos dos tres tipos para medrar sans e que debemos tomar cinco racións de froita e verduras NUN DÍA!!!!
Tamén ensináronnos a interpretar un ticket de compra e agora sabemos que ten que aparecer o CIF do supermercado que é como o noso DNI pero  dunha empresa
Logo fumos camiñando ata un Eroski que está moi preto do noso cole.
Alí visitamos as principais seccións do super :
  • A das froitas e verduras que son alimentos reguladores e onde descubrimos as froitas tropicais.
  • A do pan que son alimentos enerxéticos
  • A do peixe e a carne. Nestas seccións  aprendemos a diferenciar os peixes azuis dos brancos, xa que os azuis teñen a cola en forma de V e a cola do peixe branco ten forma de abano. Tamén nos dixeron cómo podemos saber cando un peixe está fresco. Hai que lle mirar ben aos ollos que deben estar redondos e saintes e non afundidos, a pel debe de estar húmida e brillante e as agallas ven coloradas...pez 11
Aprendemos que as persoas que traballan no super deben de levar un equipo para evitar riscos laborais. Levan uns zapatos cunha punteira de aceiro para no sufrir accidentes se lles cae un coitelo ou unha caixa pesada. Deben levar tamén unhas luvas de rede de aceiro para non cortarse e un chaleco e unha camiseta térmica para entrar nas neveiras.

Antes de marchar tomamos unha merenda deliciosa feita con froita fresca e zume de laranxa.

E...ALGO MOI IMPORTANTE. HAI QUE RECICLAR AS BOLSAS DE PLÁSTICO E O ACEITE USADO. POR CADA LITRO DE ACEITE USADO TIRADO 1.000 LITROS DE AUGA CONTAMÍNANSE.

Neste enlace podedes xogar con cartas de alimentos. Pasádeo ben.





 Outro xogo super





E AGORA.... MIRADE....